Thursday 25 de April de 2024

Cerdido acolle este sábado o espectáculo familiar ‘A Eira do Paporrubio’


• Un show de títeres, xogos, música e tradición oral para público familiar

• Terá lugar o sábado 6 de agosto na Área Recreativa O Castro ás 16 horas

O Concello de Cerdido organiza para este vindeiro sábado, 6 de agosto, un espectáculo de títeres, xogos, música e tradición oral para público familiar titulado ‘A Eira do Paporrubio’

A representación dará comezo ás 16 horas na Área Recreativa O Castro e para inscribirse hai que chamar ao teléfono 981 411 000 ou ben achegarse ata as oficinas municipais.